sexta-feira, 18 de dezembro de 2009

Os mitos do nacionalismo lingüístico español

A Mesa Ourense

Blogue d´A Mesa da zona de Ourense

http://amesaourense.blogaliza.org/sabias-que/


Os mitos do nacionalismo lingüístico español explicados por Juan Carlos Moreno Cabrera, catedrático de lingüística da Universidad Autónoma de Madrid.

Os seis mitos analizados e desmontados son:

1. O avoengo documental do español.

2. As virtudes do castelán primitivo.

3. A conversión do castelán en español.

4. A dialectalización do castelán moderno.

5. O español como lingua común.

6. O español global



terça-feira, 15 de dezembro de 2009

O sistema de axudas a libros do PP é un 25% máis caro que a gratuidade do bipartito'

Meixón: 'O sistema de axudas a libros do PP é un 25% máis caro que a gratuidade do bipartito'


“Desmantelar a educación pública”

Tras asegurar que o anterior modelo "funcionaba tremendamente ben" e que era considerado "amplamente satisfactorio" pola comunidade educativa xa que non causaba "problemáticas" nos centros, Meixón vinculou o novo sistema coa pretensión do PPdeG de "desmantelar" e "desprestixiar" a educación pública.

De feito, advertiu de que este "recorte de dereitos" forma parte dunha estratexia contraria ao sistema público dos populares, tal e como evidencian os "impulsos privatizadores" do Executivo galego, que tamén lle están afectando á sanidade. "Só gaña quen non cre en sistemas gratuítos e universais", sentenciou.



http://www.anosaterra.org/nova/38770/meixon-o-sistema-de-axudas-libros-do-pp-e-un-25-mais-caro-que-o-modelo-de-gratuidade-do-bipartito.html

PLATAFORMA GALEGA POLA GRATUIDADE


PLATAFORMA
GALEGA
POLA GRATUIDADE

http://www.plataformagalegapolagratuidade.es/

PARA NOn PERDER O SISTEMA DE EMPRESTITO
DOS LIBROS DE TEXTO

www.plataformagratuidade.blogspot.com

PARA NON PERDER O SISTEMA DE EMPRESTITO DOS LIBROS DE TEXTO
www.plataformagalegapolagratuidade.es
FORMALIZACIÓN DE LA DELEGACIÓN EN OURENSE

Plataforma Galega pola Gratuidade



Os pais e nais do alumnado do ensino obrigatorio público e concertado galego, xunto co resto da comunidade educativa, ante as declaracións do sr. Conselleiro de Educación manifestando a intención da súa Consellería de modificar o sistema actual de gratuidade dos libros de texto, manifestamos que:
A gratuidade do ensino é un dereito consagrado na lexislación vixente.
A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social de todos os galegos e de todas as galegas.
A crise económica que estamos vivindo non pode ser a excusa para desmantelar o Sistema Educativo, nin afectar á gratuidade universal dos libros de texto en Galicia, logro necesario para acceder á igualdade de oportunidades na educación.
Desde o curso 2004/05, todo o alumnado do ensino público obrigatorio galego, en condiciones de igualdade, recibía en préstamo os libros de texto que ía necesitar ao longo do curso escolar. Unha vez que o curso remataba, os alumnos devolvían os libros, que eran usados ao ano seguinte por outros alumnos e alumnas. Pasados 4 años os libros eran renovados.
Todo isto significaba que durante 4 anos a administración no realizaba novas inversións, polo que, dende o noso punto de vista, o cambio do sistema de préstamo ao de libros en propiedade ten como único obxectivo beneficiar ás editoriais, sin o pretendido aforro económico.
O sistema de empréstito implica aos alumnos no coidado dos libros, fomenta a solidariedade e o respecto hacia os bens públicos e colabora na conservación do entorno e na defensa do noso patrimonio ecolóxico.
Por outro lado, non aceptamos o procedemento seguido pola Consellería de Educación, ao impoñer unha política de feitos consumados durante a época estival, prexudicando directamente ás familias galegas.

Polo anterior,

ESIXIMOS QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN MANTEÑA O SISTEMA DE GRATUIDADE POR EMPRÉSTITO DOS LIBROS DE TEXTO NO ENSINO OBRIGATORIO tal e como se tiña implantado até o pasado curso escolar 8/09

GALEGO SÍ

ainda seguides coa enquisa/consulta/referendo a voltas??

Pois deberías informarche un pouquiño máis por que nin sequera Gloria Lago (e mira que ten tragadeiras) a traga.

Paréceme ben que a tomes como partida. Alá ti. Pero iso si. Antes contéstame de maneira coherente (se podes claro) a estas preguntas:

* ¿Por que se fixo correndo, tarde, mal e a rastras os últimos días de colexo?

* ¿Por que unha enquisa que se supon era tan importante, PROHIBIUSE facer campaña por cada unha das opcións?

* ¿Por que non se puxo a opción de 50 % en ámbalas dúas linguas?? ¿Quizais por que sería a maioritaria?

* Se era un referendo (Rajoy e algúns de GB referironse a eso como tal, ¿por que non se seguiu o estipulado pola lei para ese tipo de consultas: permiso do goberno e permitido polo Xefe do Estado? E se foi así Elena, quizaís podesme indicar onde podo ve-lo Decreto que o autoriza?

* ¿Que garantías tomaronse no reconto e no almacenamento para evitar calqueira manipulación?

* ¿Por que, para contar unhas cantas papeletas tardaron mes e medio?

* ¿Que medidas de seguridade tomaron para garantir que os que fixeron a enquisa, foron os pais? Hai informacións de que algunhas foron feitos polos propios alummnos.

*....

Como ves, para min son preguntas moi importantes que non están contestadas e considero que soamentes con que estea unha no aire, invalida a consulta. Se a sacas, empeza a contestar a estas preguntas antes. Esmérate. Estou ansioso por disfrutar da "sabiduría" dos bífidos. Ainda que parece que iso é como "El Dorado". Todo o mundo falaba de el, pero ninguén o veía.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/4115.html

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------