ainda seguides coa enquisa/consulta/referendo a voltas??
Pois deberías informarche un pouquiño máis por que nin sequera Gloria Lago (e mira que ten tragadeiras) a traga.
Paréceme ben que a tomes como partida. Alá ti. Pero iso si. Antes contéstame de maneira coherente (se podes claro) a estas preguntas:
* ¿Por que se fixo correndo, tarde, mal e a rastras os últimos días de colexo?
* ¿Por que unha enquisa que se supon era tan importante, PROHIBIUSE facer campaña por cada unha das opcións?
* ¿Por que non se puxo a opción de 50 % en ámbalas dúas linguas?? ¿Quizais por que sería a maioritaria?
* Se era un referendo (Rajoy e algúns de GB referironse a eso como tal, ¿por que non se seguiu o estipulado pola lei para ese tipo de consultas: permiso do goberno e permitido polo Xefe do Estado? E se foi así Elena, quizaís podesme indicar onde podo ve-lo Decreto que o autoriza?
* ¿Que garantías tomaronse no reconto e no almacenamento para evitar calqueira manipulación?
* ¿Por que, para contar unhas cantas papeletas tardaron mes e medio?
* ¿Que medidas de seguridade tomaron para garantir que os que fixeron a enquisa, foron os pais? Hai informacións de que algunhas foron feitos polos propios alummnos.
*....
Como ves, para min son preguntas moi importantes que non están contestadas e considero que soamentes con que estea unha no aire, invalida a consulta. Se a sacas, empeza a contestar a estas preguntas antes. Esmérate. Estou ansioso por disfrutar da "sabiduría" dos bífidos. Ainda que parece que iso é como "El Dorado". Todo o mundo falaba de el, pero ninguén o veía.
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/4115.html
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário